ADEOS 1
ADEOS 1, ou simplemente ADEOS (acrónimo de Advanced Earth Observation Satellite), renomeado como Midori (verde, en xaponés[6]) tras a súa posta en órbita, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 17 de agosto de 1996 mediante un foguete H-2 desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][3] CaracterísticasA misión de ADEOS 1 consistiu en facer observacións de cambios medioambientais na Terra. Foi inxectado nunha órbita heliosincrónica e rebautizado como Midori 1. Deseñado modularmente, o corpo principal medía 4 x 4 x 5 metros e o panel solar, unha vez despregado, medía 3 metros de ancho por 13 metros de longo. O satélite estabilizábase nos tres eixos mediante catro volantes de inercia e dous propulsores alimentados por hidracina. O coñecemento da actitude da nave proviña de dous magnetómetros e unha unidade de referencia inercial. O panel solar, composto por células de arseniuro de galio, alimentaba cinco baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de 35 amperios-hora e proporcionando ata 4,5 kW de potencia a unha tensión de entre 34 e 52 voltios.[1][3][5] Os datos do satélite enviábanse ben directamente a terra en banda S (cunha velocidade de subida de 500 bps e de baixada de 4 Mbps) ou banda X, ben indirectamente a través do satélite ETS-6 usando s banda Ka, cunha velocidade de 120 Mbps. Adeos 1 levaba a bordo grabadoras para almacenar os datos.[3][5] ADEOS 1 deixou de funcionar o 30 de xuño de 1997, dous anos antes de cumprir a súa expectativa de vida, de tres anos. A falta de datos do dispersómetro NSCAT debido ao fin prematuro da misión foi compensada co lanzamento ex profeso do satélite QuikScat.[1][3] InstrumentosADEOS 1 levaba oito instrumentos a bordo:[1][3][5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos |
Portal di Ensiklopedia Dunia