Active Magnetospheric Particle Tracer Explorers
Active Magnetospheric Particle Tracer Explorers ou AMPTE foi unha misión espacial internacional consistente en tres satélites artificiais adicados ó estudo da interacción entre os ións do vento solar e a magnetosfera terrestre, ó transporte difusivo-convectivo, á enerxización das partículas da magnetosfera e á interacción de plasmas no espazo. Os tres foron lanzados a bordo dun foguete Delta 3924 desde o Centro Espacial Kennedy o 16 de agosto de 1984.[2][4][6][7][8] CaracterísticasA misión estaba composta por tres satélites: CCE (Charge Composition Explorer), proporcionado pola NASA; IRM (Ion Release Module), proporcionado pola República Federal de Alemaña; e UKS (United Kingdom Subsatellite), proporcionado polo Reino Unido.[6] CCECCE (Charge Composition Explorer) adicábase a detectar ións traza de litio e bario liberados desde o IRM e que eran transportados pola magnetosfera ata a órbita do CCE. O satélite estabilizábase por xiro a 10 revolucións por minuto, co eixo de rotación contido no plano ecuatorial. A nave utilizaba unha cinta cunha capacidade de 2x108 bits como medio de almacenamento de datos. Dispoñía de transpondedores en banda S cunha potencia de 2,5 vatios. A alimentación eléctrica procedía dun panel solar que xeraba 140 vatios de electricidade. O satélite empezou a fallar a principios de 1989, perdéndose o contacto o 12 de xullo dese mesmo ano.[2][6] Levaba cinco instrumentos a bordo:[5]
IRMIRM (Ion Release Module) era a parte da misión construída por Alemaña e tiña a función de soltar gases cunha composición determinada que eran ionizados e detectados tanto por CCE como por UKS para estudia-lo comportamento no interior da magnetosfera e na magnetocola, así como a súa interacción co vento solar. O satélite estabilizábase mediante xiro a 15 revolucións por minuto, co eixo de xiro inicialmente no plano da eclíptica para posteriormente ser axustado a ángulos rectos con respecto daquel plano. A enerxía proporcionábaa un panel solar que produdcía 60 vatios de potencia e baterías redundantes. Dispoñía dun sistema de telemetría en banda S, podendo transmitir a 1 ou 8 kbps en frecuencias de 2103,64375 MHz (subida) e 2284,50 MHz (baixada).[7][9][10] O satélite deixou de funcionar o 14 de agosto de 1986. Levaba os seguintes instrumentos:[10]
Inicialmente IRM foi inxectado nunha órbita de 44,2 horas de período, unha inclinación orbital de 28,7 graos, un apoxeo de 119 268 km e un perixeo de 550 km. Debido ó baixo perixeo, o satélite reentrou na atmosfera o 8 de decembro de 1987.[4][9]
UKSUKS (United Kingdom Subsatellite) era un subsatélite do IRM e foi inxectado nunha órbita inicial cun período de 44,25 horas, unha inclinación orbital de 28,696 graos, un apoxeo de 121 047,5 km e un perixeo de 6885,5 km.[11] A súa función era axudar a distinguir entre a estrutura espacial e os cambios temporais no plasma despois da liberación de ións por parte de IRM. As medicións eran similares ás de IRM e incluían campos magnéticos, ións positivos e electróns, ondas de plasma e modulacións nos fluxos de ións e electróns. O satélite estabilizábase mediante xiro a 12 revolucións por minuto e utilizaba a banda S nas súas comunicacións. Dispoñía dun sistema de propulsión mediante gas frío e un radar de VHF para permanecer a unha distancia relativamente curta de IRM, duns poucos centos de quilómetros. A alimentación eléctrica do satélite fallou o 15 de xaneiro de 1985 e reentrou na atmosfera o 8 de decembro de 1988.[6][8][12][13] O satélite levaba os seguintes instrumentos:[13]
Notas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia