Advanced Encryption Standard
Advanced Encryption Standard (AES), tamén coñecido como Rijndael, é un esquema de cifrado por bloque adoptado como un estándar de encriptación polo goberno estadounidense, e esperase que sexa usado en todo o mundo, como tamén analizado exhaustivamente, como foi o caso do seu predecesor, o DES. Foi adoptado polo Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) como un FIPS (PUB 197) en novembro do 2001 despois de 5 anos do proceso de estandarización. O cifrado foi desenvolvido por dous criptologos Belgas, Joan Daemen e Vincent Rijmen, e enviado ó proceso de selección AES baixo o nome "Rijndael". Descrición do cifrado
Estritamente falando, AES non é precisamente Rijndael (aínda que na práctica chamaselle de maneira indistinta) xa que Rijndael permite un maior rango de tamaño de bloque e clave; AES ten un tamaño de bloque fixo de 128 bits e tamaños de chave de 128, 192 ó 256 bits, mentres que Rijndael pode ser especificado por unha clave que sexa múltiplo de 32 bits, cun mínimo de 128 bits e un máximo de 256 bits. A maioría dos cálculos do algoritmo AES fanse nun campo finito determinado. AES opera nun arranxo de 4×4 bytes, chamado state (algunhas versións de Rijndael cun tamaño de bloque maior teñen columnas adicionais no state). Para o cifrado, cada rolda da aplicación do algoritmo AES (excepto a última) consiste en catro pasos:
A rolda final omite a fase MixColumns.
|
Portal di Ensiklopedia Dunia