Advanced Satellite for Cosmology and Astrophysics
Advanced Satellite for Cosmology and Astrophysics, tamén coñecido polo seu acrónimo ASCA, como ASTRO-D e polo nome de Asuka (co significado de "paxaro voador")[2][4][5], foi un observatorio espacial xaponés lanzado o 20 de febreiro de 1993 mediante un foguete M-3S-2 desde o centro espacial de Uchinoura.[6] CaracterísticasASCA foi a cuarta misión xaponesa no campo da astronomía de raios X e a segunda na que Estados Unidos colaborou con parte da carga científica.[6] A órbita inicial do satélite tiña unha inclinación de 31,1 graos, un apoxeo de 622 km e un perixeo de 524,6 km.[3]. O 14 de xullo de 2000, tras unha tormenta magnética que produciu unha expansión imprevista das capas superiores da atmosfera terrestre, o satélite perdeu o control sobre a súa actitude debido ó aumento do rozamento coas capas altas da atmosfera. Como consecuencia, os paneis solares deixaron de apuntar cara ao Sol, producíndose unha descarga das baterías. ASCA reentrou na atmosfera o 2 de marzo de 2001 ás 5:21 UT.[1][2][4][6][7] A NASA obtivo un 15% do tempo de observación polas súas achegas á misión.[2] MisiónO obxectivo de ASCA era facer observacións espectroscópicas en raios X na banda de enerxías de entre 1 e 12 keV, en especial a liña K do ferro. Adicouse tamén a obter imaxes da estrutura de fontes extensas como cúmulos de galaxias e remanentes de supernovas.[2] InstrumentaciónASCA levaba catro telescopios idénticos cunha área total efectiva de 1300 cm2 a 1 keV e de 600 cm2 a entre 6 e 7 keV. A NASA colaborou aportando catro espellos multicapa cónicos de incidencia rasante e dous detectores CCD proporcionados polo MIT. Xapón achegou os IGSPC (imaging gas scintillation proportional counters), contadores proporcionais de escintileo, a nave, o vehículo lanzador e as estacións terrestres. Notas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia