Algoritmo de compresión con perdaChámase algoritmo de compresión con perda a calquera procedemento dirixido a representar unha certa cantidade de información utilizando menos da mesma, facendo imposible unha reconstrución exacta dos datos orixinais. UsoA compresión con perda é útil só cando a reconstrución exacta non é esencial para a información significativa. A información reconstruída é só unha aproximación da información orixinal. Xeralmente restrinxida a información analóxica que foi dixitalizada (imaxes, son, vídeo etc.), onde a información pode ser "semellante" e, ó mesmo tempo, ser subxectivamente a mesma. A súa maior vantaxe son as altas taxas de compresión ofrecida ao contrario dun algoritmo de compresión sen perdas. Técnicas comúns de compresión con perda
Nalgúns casos utilízanse ambas, aplicando a transformación ó resultado da codificación preditiva. Este sistema de compresión úsase en compresores de imaxes (JPEG), en formatos de vídeo (Flash, MP4, MPEG-1, MPEG-2, MPEG-4) e en formatos de son (AAC, MP2, MP3, WMA). Véxase taménOutros artigos
|
Portal di Ensiklopedia Dunia