Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde xullo de 2017.)
Descrición dun Data Warehouse.
No contexto da informática, un almacén de datos (do inglésdata warehouse) é unha colección de datos orientada a un determinado ámbito (empresa, organización etc.), integrado, non volátil e variable no tempo, que axuda á toma de decisións na entidade na que se utiliza. Úsase para reportaxes e análises de datos e considérase un compoñente meollo da intelixencia empresarial.[1] Trátase, sobre todo, dun expediente completo dunha organización, máis aló da información transaccional e operacional, almacenado nunha base de datos deseñada para favorecer a análise e a divulgación eficiente de datos (especialmente OLAP, procesamento analítico en liña). O almacenamento dos datos non debe usarse con datos de uso actual. Os almacéns de datos conteñen a miúdo grandes cantidades de información que se subdividen ás veces en unidades lóxicas máis pequenas dependendo do subsistema da entidade do que procedan ou para o que sexan necesario.
Data marts
Os Data marts son subconxuntos de datos dun data warehouse para áreas específicas.
Entre as características dun data mart destacan:
Usuarios limitados.
Área específica.
Ten un propósito específico.
Ten unha función de apoio.
Vantaxes e inconvenientes dos almacéns de datos
Vantaxes
Hai moitas vantaxes polas que é recomendable usar un almacén de datos. Algunhas delas son:
Os almacéns de datos fan máis fácil o acceso a unha gran variedade de datos aos usuarios finais
Facilitan o funcionamento das aplicacións dos sistemas de apoio á decisión tales como informes de tendencia, por exemplo: obter os ítems coa maioría das vendas nunha área en particular dentro dos últimos dous anos; informes de excepción, informes que mostran os resultados reais fronte aos obxectivos expostos a priori.
Os almacéns de datos poden traballar en conxunto e, por tanto, aumentar o valor operacional das aplicacións empresariais, en especial a xestión de relacións con clientes.
Inconvenientes
Utilizar almacéns de datos tamén expón algúns inconvenientes, algúns deles son:
Ao longo da súa vida os almacéns de datos poden supor altos custos. O almacén de datos non adoita ser estático. Os custos de mantemento son elevados.
Os almacéns de datos pódense quedar obsoletos relativamente pronto.
Ás veces, ante unha petición de información estes devolven unha información subóptima, que tamén supón unha perda para a organización.
A miúdo existe unha delgada liña entre os almacéns de datos e os sistemas operacionais. Hai que determinar que funcionalidades destes pódense aproveitar e cales se deben poñer en funcionamento no data warehouse, resultaría custoso poñer en funcionamento operacións non necesarias ou deixar de poñer en funcionamento algunha que si vaia a necesitarse.
Notas
↑Dedić, N. and Stanier C., 2016., "An Evaluation of the Challenges of Multilingualism in Data Warehouse Development" in 18th International Conference on Enterprise Information Systems - ICEIS 2016, p. 196.