Arch Linux
Arch Linux (ou Arch) é unha distribución de GNU/Linux pensada para resultar lixeira e simple. O método de deseño empregado polo seu equipo de desenvolvemento céntrase na simplicidade, a elegancia, a correcta codificación ou o minimalismo. Arch entende por "simplicidade" o feito de implementar funcións «sen usar engadidos innecesarios, modificacións ou complicacións», dende o punto de vista do desenvolvedor e non do usuario. Arch emprega o instalador de paquetes pacman. As actualizacións do sistema en Arch son constantes, segue unha "rolling release". As actualizacións que se liberan constantemente son imaxes constantemente actualizadas.[1] Judd Vinet comezou o desenvolvemento de Arch Linux en marzo do 2002 inspirándose en CRUX, outra distribución minimalista. Vinet liderou o proxecto ata o primeiro de outubro do 2007, cando debido á falta de tempo deixou o proxecto, deixándoo nas mans de Aaron Griffin. Deseño e principiosArch baséase principalmente no uso de paquetes binarios. Estes paquetes están compilados para microprocesadores de arquitecturas i686 e x86 64. Ademais fornécese un sistema de compilación de código automatizada, coñecido coma Arch Build System («Sistema de compilación de Arch»). Que Arch se centre na simplicidade e ergonomía dende o punto de vista do desenvolvedor significa, entre outras cousas, que os principais esforzos para facilitarlle a tarefa ao usuario non se empregan no desenvolvemento de ferramentas de configuración gráficas ─por exemplo, o xestor de paquete non ten unha interface gráfica oficial─ senón en crear ficheiros de configuración ben documentados e mailo uso extensivo de guións. Isto valeulle a Arch Linux a reputación de ser unha distribución «para usuarios de nivel medio e avanzado que non lle teman á liña de ordes». Infraestrutura de arranqueArch utiliza unha infraestrutura de arranque similar á de BSD, que sacrifica a flexibilidade en prol da simplicidade. Tamén inclúe e permite o uso de niveis de execución System V e do ficheiro InstalaciónNo sitio web de Arch Linux hai dispoñibles imaxes de discos e dispositivos USB. O instalador de Arch é un guión cun diálogo para comunicarse co usuario. A instalación por defecto é moi pequena. A posterior personalización e ampliación do sistema (como instalar un xestor de xanelas ou un ambiente de escritorio) debe facerse manualmente, descargando paquetes dos repositorios de software. É por iso que Arch adoita considerarse un sistema difícil de instalar, en comparación con outros sistemas operativos. Como método alternativo de instalación, pódese usar unha versión estática do xestor de paquetes (Pacman) dende outro sistema operativo. O usuario pode montar a partición previamente formatada e utilizar Pacman cos argumentos axeitados para que utilice o punto de montaxe do dispositivo coma directorio raíz para as súas operacións. Deste xeito poden instalarse o grupo de paquetes base e paquetes adicionais descargados dos repositorios mediante Pacman. Así e todo, hai outras cousas que han de facerse tras o proceso para que o sistema sexa completamente operativo. Entre outras cousas, instalar un xestor de arranque e configurar varias opcións do novo sistema. Xestión de paquetesPacmanA xestión de paquetes realízase por medio do xestor de paquetes Pacman, que xestiona a instalación, actualización, restauración de versións anteriores e borrado de paquete, ademais de contar cunha resolución automática de dependencias. Os paquetes de Arch Linux obtéñense da árbore de paquetes de Arch Linux e están optimizados ben para as arquitecturas i686 ben para as x86_64. Arch Linux baséase principalmente en paquetes binarios nos formatos tar.gz e tar.xz (sendo este último a tendencia actual). RepositoriosActualmente existen os seguintes repositorios oficiais:
O repositorio Sistema de empaquetado de Arch LinuxO sistema de empaquetado de Arch Linux é un sistema que compila o código fonte directamente nun paquete binario, que pode instalarse no sistema mediante Pacman. O sistema contén unha árbore de directorios de guións executables chamados Repositorio dos usuarios de Arch LinuxAdemais dos repositorios, o «Repositorio dos usuarios de Arch Linux» fornece guións Existen programas que permiten simplificar o uso deste repositorio, nalgúns casos permitindo traballar con el coma se se tratase dun repositorio calquera con paquetes binarios. Porén, este tipo de ferramentas nunca se incluirán nos repositorios oficiais debido aos riscos potenciais de seguridade que implica o seu uso. A existencia deste repositorio débese a varias razóns, entre outras:
Calquera usuario pode contribuír ao repositorio dos usuarios co VersiónsLanzamentos sobre a marchaDo mesmo xeito que fai Gentoo, e a diferenza da maior parte das distribucións máis importantes como Debian GNU/Linux ou Ubuntu, Arch Linux non publica novas versións do sistema cada certo tempo, senón que utiliza un sistema “sobre a marcha”, publicando a diario novas versións dos seus paquetes. A súa xestión de paquetes permítelles aos usuarios manter o sistema actualizado con facilidade. En vez de lanzar novas versións do sistema operativo cada certo tempo, os lanzamentos de imaxes de instalación realízanse periodicamente contendo as versións actuais dos paquetes, ás veces con software de instalación revisado. Por tanto, en principio dá igual a versión de Arch Linux que se instale, dado que tras unha actualización completa todos os sistemas Arch Linux conteñen o mesmo software. Mesmo hai usuarios que presumen do vella que é a súa instalación nos foros de Arch Linux. Dende a versión 2009.02 os desenvolvedores puxéronse como obxectivo coordinar os lanzamentos de novas versións das imaxes de instalación de Arch Linux co lanzamento de novas versións do kernel, para así fornecer un gran soporte de hardware, e sacando así unha nova versión cada 3 ou catro meses. Historial de lanzamentos
Notas
Véxase taménLigazóns externas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia