Bamboleo (programa)
Bamboleo é un programa de televisión de entretemento producido pola produtora CTV[1] e emitido pola Televisión de Galicia. Transmítese os sábados ás 22:00 h. Este espazo, que se emite desde 2011, céntrase na música, o baile e a participación do público. DescriciónEn orixe presentouno Xosé Manuel Piñeiro. En 2018 Xosé Manuel Piñeiro ausentouse máis dun ano por mor dun cancro que superou,[2] sendo substituído por Lucía Regueiro, [3] quen é actualmente a condutora do programa. O programa inclúe actuacións musicais en directo de xéneros diversos, desde a música tradicional galega ata o pop, o rock e outros estilos contemporáneos. Ademais das actuacións musicais, Bamboleo inclúe varias seccións de participación popular, entre as que destacan concursos de baile e canto, onde tanto profesionais coma afeccionados poden demostrar as súas habilidades. Estas competicións adoitan estar acompañadas da interacción co público e cos telespectadores, quen pode participar activamente a través de chamadas telefónicas ou redes sociais. O programa tamén conta cun compoñente humorístico, coa participación de cómicos e personaxes recorrentes que achegan un toque de comedia ao espectáculo. Na tempada 2022-2023 emitíase os sábados á noite despois do Atrápame se podes cunha duración de máis de dúas horas.[4] Está dirixido a unha audiencia de todas as idades, con música de grupos pop galegos e de fóra. En 2024 regresou á grella da Televisión de Galicia cunha nova imaxe gráfica e con Lucía Regueiro como única presentadora.[5][6], a partir do 8 de xuño en horario de máxima audiencia.[7] Actualmente conta cos colaboradores Isi, que protagoniza a súa sección do Conto; Damián, animador do público do plató; Javier Varela, pianista do programa; e Claudio, que colabora na sección dos bailes. Seccións
Notas
Véxase taménLigazóns externas |
Portal di Ensiklopedia Dunia