BibcodeO bibcode é un identificador empregado por numerosas bases de datos astronómicas para citar referencias bibliográficas. O bibcode foi desenvolvido para ser empregado no SIMBAD e a Base de datos de obxectos extragalácticos NASA/IPAC (NED), pero úsase máis amplamente no Sistema de Datos Astrofísicos, tamén da NASA.[1][2] FormatoO código ten unha lonxitude fixa de 19 caracteres e ten a forma: onde YYYY son os catro díxitos do ano de publicación da referencia, JJJJJ é un código que indica a publicación de procedencia da referencia, VVVV o número do volume, M a sección da publicación, por exemplo L indica a sección de cartas, PPPP indica a páxina de comezo da referencia e A é a primeira letra do apelido do primeiro autor. Úsanse puntos para encher os campos non empregados ou para completar campos onde a lonxitude do código sexa máis curto que os espazos reservados a el. A aliñación faise á dereita para o código de publicación e á esquerda para o número de volume e de páxina.[1][2] Exemplos de codificación
Notas
Véxase taménOutros artigos |
Portal di Ensiklopedia Dunia