EADS CASA C-295
O EADS CASA C-295 é un avión de transporte táctico militar bimotor no presente fabricado por Airbus Defence and Space en España. Deseño e desenvolvementoO C-295 é fabricado é montado nas instalacións de Airbus Military no aeroporto de San Pablo, en Sevilla. É un desenvolvemento do transporte español/indonesio CASA/IPTN CN-235, pero cunha fuselaxe alongada, un 50% máis de capacidade de carga útil e novos motores turbohélice Pratt & Whitney Canada PW127G. O C-295 realizou o seu voo de estrea o 28 de novembro de 1997. O primeiro pedido chegou do Exército do Aire de España. En 2012 EADS anunciou varias melloras ao deseño básico do C-295, e entre os cambios incluíronse a adopción de winglets e a habilidade de levar o mísil anti-buque Marte; tamén se planeou unha versión de alerta temperá e control aerotransportado.[1] En novembro de 2015 un C-295 demostrou con éxito unha nova suite de auto-protección, que incorporaba elementos como contramendidas infravermellas direccionais de Elbit Systems e un sistema de alerta infravermella pasiva aerotransportada.[2] En xaneiro de 2016 Airbus estaba no proceso de desenvolver unha nova plataforma de repostaxe en voo cun sistema de sonda e cesta para ser instalado opcionalmente na liña central do C295. Esta capacidade está sendo promocionada para a repostaxe de helicópteros de combate e as probas iniciais realizáronse con éxito en decembro de 2016 usando dous C-295 apoiando helicópteros H225M Caracal.[3] Airbus tamén está realizando optimizacións nos flps e outras modificacións para mellorar as súas capacidades en condicións extremas de aterraxe e engalaxe.[4] Notas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia