Ex Models
Ex Models é unha banda de no wave estadounidense procedente de Brooklyn, Nova York. TraxectoriaA banda, que xira ao redor dos irmáns Shahin e Shahryar Motia, fundouse cando aínda estaban no instituto. Editaron o seu primeiro álbum, Other Mathematics, no ano 2001 a través do selo Ace Fu Records. O seu segundo álbum, Zoo Psychology, editouse dous anos despois. Colle ideas do seu anterior traballo, pero as cancións fanse máis sucias e ruidosas, con peculiares cambios de tempo. Nese tempo o baixista Mike Masiello deixou a banda e Zach Lehrhoff substituíuno, proporcionando tamén voces. De cara 2005 a banda reducírase a un dúo formado por Shahin e Zach que editaron o seu terceiro álbum, Chrome Panthers, tomando unha nova dirección, máis repetitiva e minimalista. Kid Millions, da banda Oneida, axudou a gravar as baterías e tamén realizou algún concerto con Ex Models. Finalmente os ritmos fixéronse máis primitivos e a banda chegou a utilizar tres baterías sobre o escenario. No ano 2007, a formación clásica de Motias, Zach e o batería Jake Fiedler actuaron no East River Park de Nova York. Porén, a reunión con Fiedler foi curta, e os tres membros restantes comezaron a tocar como Knyfe Hyts, unha banda máis orientada cara ao metal. DiscografíaÁlbums
|
Portal di Ensiklopedia Dunia