Fast Auroral Snapshot Explorer
FAST, acrónimo de Fast Auroral Snapshot Explorer, tamén coñecido como Explorer 70, é un satélite artificial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 21 de agosto de 1996 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[1][3] CaracterísticasA misión de FAST consistiu no estudo da física do plasma dos fenómenos aurorais cunha alta resolución espacial e temporal, no rango dos microsegundos. O satélite foi lanzado a unha órbita moi excéntrica e case polar que precesiona un grao por día.[1][3] FAST estabilízase mediante xiro a unha velocidade de 12 revolucións por minuto, co eixo de xiro situado perpendicular ó plano orbital. Leva a bordo unha memoria de estado sólido de 1 Gbit de capacidade e unha velocidade de adquisición de datos de 8 Mbps.[1][3] A alimentación eléctrica proporciónana células solares de arseniuro de galio montadas no corpo do satélite.[5] A misión finalizou o 4 de maio de 2009.[1][3] ![]() InstrumentosFAST leva catro instrumentos a bordo:[1][3]
Notas
Véxase taménLigazóns externas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia