Federación Progresista

Federación Progresista

Instancia departido político Editar o valor en Wikidata
Posición políticaesquerda política Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación19 de decembro de 1984 Editar o valor en Wikidata
Disolución1988 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Federación Progresista (FP) foi un partido político español que fundou en decembro de 1984 Ramón Tamames logo da súa marcha do Partido Comunista de España. Definíase como ecoloxista, federalista e de esquerdas, formou parte de Izquierda Unida cando esta se formou en 1986 ata decembro de 1987.

Apoiou o non no referendo sobre o ingreso de España na OTAN, participando na Plataforma Cívica Anti-OTAN que foi a orixe de Esquerda Unida, na que se integrou a FP logo dun debate interno que levou á dimisión do seu coordinador xeral, Santos Ruesga, partidario dun achegamento ós Verdes, foi substituído por Pablo Martín Urbano. A figura máis destacada desta formación en Galicia foi o economista e político Pedro Arias.

No III Congreso da FP, decembro de 1987, acordouse a saída de IU polo seguidismo respecto ó PCE, ó pouco tempo Ramón Tamames deixou a FP que acabou disolvéndose en 1988.

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya