Florence and the Machine
Florence and the Machine, ás veces escrito como Florence + the Machine, é un grupo musical de indie rock liderado pola cantante Florence Welch. CaracterísticasO son de Florence and the Machine foi descrito como unha combinación de varios xéneros, desde o rock até o soul. A música da banda recibiu moi boas críticas até que acadaron un certo éxito de masas, en especial desde a BBC, que tivo moito que ver co posterior éxito do grupo. O álbum de debut da banda, Lungs, foi lanzado o 6 de xullo de 2009, e conseguiu manterse no número 2 durante cinco semanas entre os máis vendidos no Reino Unido. En xaneiro de 2010 o álbum acadou, por fin, o número 1 das listas británicas, despois de manterse durante 28 semanas entre os máis vendidos. Lungs foi un dos discos máis vendidos do 2009 no Reino Unido, o que o converteu nun dos discos máis vendidos do ano. Na gala dos 2010 BRIT Awards, Lungs fíxose co premio "Mastercard British Album". DiscografíaÁlbums de estudio
EPsVéxase taménLigazóns externas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia