Función computábelAs funcións computábeis son o obxecto básico de estudo da teoría da computabilidade e son, especificamente, as funcións que poden ser calculadas por unha máquina de Turing. A computabilidade dunha función é unha noción informal. Un xeito de describila é dicir que unha función é computábel se os seus valores se poden obter por un método efectivo. Máis rigorosamente, unha función é computábel se e só se existe un procedemento que, dada calquera k-tupla de números naturais, producirá o valor .[1] IntroduciónAs funcións computábeis son unha formalización da noción intuitiva de algoritmo e segundo a tese de Church-Turing son exactamente as funcións que poden ser calculadas cunha máquina de cálculo. A noción da computabilidade dunha función pode ser relativizada a un conxunto arbitrario de números naturais A, ou equivalentemente a unha función arbitraria f dos naturais nos naturais, por medio de máquinas de Turing estendidas cun oráculo por A ou f. Tales funcións poden ser chamadas A-computábeis ou f-computábeis respectivamente. Antes da definición precisa dunha función computable os matemáticos empregaban o vocábulo informal efectivamente computábel. As funcións computábeis son usadas para discutir sobre computabilidade sen referirse a ningún modelo de computación concreto, como o da máquina de Turing ou o da máquina de rexistros. Os axiomas de Blum poden ser usados para definir unha teoría de complexidade computacional abstracta sobre o conxunto de funcións computábeis. Segundo a tese de Church-Turing, a clase de funcións computábeis é equivalente á clase de funcións definidas por funcións recursivas, cálculo lambda, ou algoritmos de Markov . Alternativamente pódense definir como os algoritmos que poden ser calculados por unha máquina de Turing, unha máquina de Post, ou unha máquina de rexistros. En teoría da complexidade computacional, o problema de determinar a complexidade dunha función computábel coñécese como un problema de funcións. DefiniciónsUnha función parcial chámase parcialmente computábel se o algoritmo de é un conxunto recursivamente numerábel. O conxunto de funcións parcialmente computábeis cun parámetro escríbese normalmente ou se o número de parámetros pode deducirse do contexto. Unha función total chámase computábel se o algoritmo de é un conxunto recursivo. O conxunto de funcións totalmente computables cun parámetro normalmente escríbese ou . Unha función computable chámase predicado computable se é unha función con valor booleano, é dicir: ComentariosÁs veces, por razóns de claridade, escríbese unha función computable como Pódese facilmente codificar g nunha nova función usando unha función de pares. Exemplos
Propiedades
Notas
Véxase taménBibliografía
Outros artigos |
Portal di Ensiklopedia Dunia