Improved TIROS Operational SystemImproved TIROS Operational System (ás veces denominados Improved TIROS Operational Satellite) ou ITOS foron unha serie de satélites meteorolóxicos de segunda xeración dos Estados Unidos.[1] CaracterísticasOs satélites ITOS foron os sucesores dos satélites meteorolóxicos TIROS, dos cales TIROS-M foi o seu prototipo. Eran satélites en órbita heliosíncrona operados pola Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA), da que tamén reciben a súa outra denominación, NOAA. Lanzáronse oito satélites ITOS en total entre 1970 e 1976, dos cales dous fallaron por problemas nos seus foguetes lanzadores. Os satélites ITOS pódense dividir en dúas familias.[1] ![]() ITOS 1 (TIROS M), ITOS A (NOAA 1) e ITOS BTIROS M foi o prototipo dos satélites ITOS, mentres que ITOS A foi en primeiro en recibir a denominación NOAA (NOAA 1) e ITOS B fallou por problemas co seu vehículo lanzados. Cada satélite levaba a bordo dúas cámaras de televisión, dúas cámaras Vidicon, un radiómetro de baixa resolución, un monitor de protóns solares e dous radiómetros para o infravermello e que tamén funcionaban como respaldo para as cámaras. Os satélites tiñan forma aproximada de cubo de arredor de 1 m de longo, coas cámaras apuntando verticalmente cara a Terra. Levaban tres paneis solares curvados, cada un duns 4,2 m de longo, e mantiñan a súa orientación mediante xiroscopios. Todos foron lanzados mediante foguetes Delta N6.[2][1] ITOS D (NOAA 2), ITOS E, ITOS F (NOAA 3), ITOS G (NOAA 4) e ITOS E2 (NOAA 5)Tratábase de satélites ITOS reconfigurados e lanzados con novos sensores para mellorar a capacidade do sistema. Foron os primeiros satélites meteorolóxicos en usar unicamente radiómetros para estudar a capa de nubes. Levaban a bordo un radiómetro de moi alta resolución, un radiómetro para facer perfís de temperatura vertical e un radiómetro de exploración. Polo demais en forma e tamaño eran similares aos primeiros ITOS. Foron lanzados por foguetes Delta 300 e Delta 2310[3][1] Historial de lanzamentos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos |
Portal di Ensiklopedia Dunia