Músculo flexor común fondo dos dedos da manO músculo flexor común fondo dos dedos da man é un músculo do membro superior humano, situado no compartimento anterior do antebrazo, pertencente ao plano muscular fondo. Orixínase no cúbito e na membrana interósea entre o radio e o cúbito, para despois atravesar o túnel carpiano e dividirse en catro tendóns. Na maior parte do percorrido áchase cuberto polos tendóns do flexor común superficial. Antes de inserirse na falanxe, o tendón está rodeado dunha estrutura fibrosa que o protexe. Na palma da man, a ambos os dous lados sitúanse os músculos lumbricais da man. Como os tendóns cruzan todo o pulso, a contracción do músculo pode flexionar tal articulación. Orixe e inserciónsOrixínase na superficie anterior e medial do cúbito e metade medial da membrana interósea. Insírese nas falanxes da segunda á quinta en forma de catro tendóns. FunciónFlexiona os dedos segundo a quinto. InnervaciónOs feixes laterais son innervados polo nervio mediano a través da súa póla o nervio interóseo anterior. Os feixes mediais son innervados polo nervio cubital. VascularizaciónÉ vascularizado pola arteria interósea anterior, unha póla da arteria cubital. Véxase tamén
|
Portal di Ensiklopedia Dunia