Microsoft SQL Server
Microsoft SQL Server é un sistema para a xestión de bases de datos producido por Microsoft baseado no modelo relacional. As súas linguaxes para consultas son T-SQL e ANSI SQL. Microsoft SQL Server constitúe a alternativa de Microsoft a outros sistemas xestores de bases de datos como son Oracle, PostgreSQL ou MySQL (tamén de Oracle). Características de Microsoft SQL Server
É común desenvolver completos proxectos complementando Microsoft SQL Server e Microsoft Access a través dos chamados ADP (Access Data Project). Desta forma complétase a base de datos (Microsoft SQL Server), coa contorna de desenvolvemento (VBA Access), a través da implementación de aplicacións de dúas capas mediante o uso de formularios Windows. No manexo de SQL mediante liñas de comando utilízase o SQLCMD. Para o desenvolvemento de aplicacións máis complexas (tres ou máis capas), Microsoft SQL Server inclúe interfaces de acceso para varias plataformas de desenvolvemento, entre elas .NET, pero o servidor só está dispoñible para sistemas operativos. ProgramaciónT-SQL
Transact-SQL é o principal medio de interacción co Servidor. Permite realizar as operacións claves en SQL Server, incluíndo a creación e modificación de esquemas da base de datos, a introdución e edición dos datos na base de datos, así como a administración do servidor como tal. Isto realízase mediante o envío de sentenzas de T-SQL e declaracións que son procesadas polo servidor e os resultados (ou erros) regresan á aplicación cliente. Cliente Nativo de SQLCliente Nativo de SQL é a biblioteca de acceso a datos para os clientes de Microsoft SQL Server versión 2005 en diante. Implementa nativamente soporte para as características de SQL Server, incluíndo a execución da secuencia de datos tabular, soporte para bases de datos en espello de SQL Server, soporte completo para todos os tipos de datos compatibles con SQL Server, conxuntos de operacións asíncronas, as notificacións de consulta, soporte para cifrado, así como recibir varios conxuntos de resultados nunha soa sesión de base de datos. Cliente Nativo de SQL utilízase como extensión de SQL Server plug-ins para outras tecnoloxías de acceso de datos, incluíndo ADO ou OLE DB. Cliente Nativo de SQL pode tamén usarse directamente, pasando por alto as capas de acceso de datos. EdiciónsMicrosoft SQL Server está dispoñible en varias edicións, con distintas funcionalidades e condicións de uso segundo a licenza escollida.
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas |
Portal di Ensiklopedia Dunia