Microsoft Tablet PC

HP Compaq tablet PC

Un Microsoft Tablet PC é un termo creado por Microsoft en 2001, segundo un conxunto de especificacións anunciadas por Microsoft para un ordenador persoal que executa unha copia con licenza do sistema operativo Windows XP Tablet PC Edition ou derivados similares.

A medio camiño entre un ordenador portátil e un PDA, no que se pode escribir a través dunha pantalla táctil. Un usuario pode utilizar un apuntador (estilo ou stylus) para traballar co ordenador sen necesidade de teclado ou rato. Este aparato foi propugnado por Microsoft e outros fabricantes.[Cómpre referencia]

Esta modalidade de ordenador portátil supuxo un avance significativo na aplicación dos estudos en lingüística computacional.[Cómpre referencia]

Existen modelos que só achegan a pantalla táctil a modo de encerado, sendo así moi lixeiros. Tamén hai ordenadores portátiles con teclado e rato, chamados convertibles, que permiten rotar a pantalla e colocala como se dun encerado se tratase, para o seu uso como tablet PC.

Sistema operativo

O sistema operativo que empregan a maioría destes dispositivos é unha evolución do Windows XP optimizado para traballar con procesadores móbiles, que consomen menos enerxía. O software especial que proporciona este sistema operativo permite realizar escritura manual, tomar notas a man alzada e debuxar sobre a pantalla.

Empresas fabricantes

A empresa española Tuxum creou o primeiro ordenador-encerado que funciona con GNU/Linux,[Cómpre referencia] concretamente cunha metadistribución de Debian, adaptada para lle engadir recoñecemento de escritura. Outros fabricantes de tablet PC son HP e Fujitsu.

Véxase tamén

Outros artigos

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya