Network, un mundo implacable
Network, un mundo implacable (en inglés: Network) é un filme dramático satírico estadounidense de 1976, dirixido por Sidney Lumet e protagonizado por Faye Dunaway, William Holden, Peter Finch e Robert Duvall. Foi galardoado con catro premios Oscar: mellor actor (Finch, con carácter póstumo), mellor actriz (Dunaway), mellor actriz secundaria (Beatrice Straight) e mellor guión orixinal (Paddy Chayefsky). A interpretación de Straight ocupa só 5 minutos e 2 segundos, a máis breve de todos os intérpretes gañadores do Oscar.[1] O filme gañou tamén catro premios Globo de Ouro: mellor actor e actriz de drama (Finch e Dunaway), mellor director (Lumet) e mellor guión (Paddy Chayefsky) e un premio BAFTA ao mellor actor (Peter Finch). En 2000, Network, un mundo implacable foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[2] Foi emitido na TVG o 16 de novembro de 1994.[3] ArgumentoUn locutor de noticias dunha cadea de televisión estadounidense é despedido pola baixa audiencia do programa. Anuncia entón que vai cometer suicidio en directo. Por esta razón os índices de audiencia volven crecer e pasa a ser coñecido como o profeta tolo e é readmitido. Porén, o seu comportamento louco fai que os responsables do seu ascenso decidan detelo. Elenco
Notas
Véxase taménBibliografía
|
Portal di Ensiklopedia Dunia