Obxecto (programación)

Un obxecto, no paradigma de programación orientada a obxectos, defínese como a unidade que en tempo de execución realiza as tarefas dun programa. Tamén a un nivel máis básico defínese como a instancia dunha clase. Estes obxectos interactúan uns con outros, en contraposición á visión tradicional na cal un programa é unha colección de subrutinas (funcións ou procedementos), ou simplemente unha lista de instrucións para o computador. Cada obxecto é capaz de recibir mensaxes, procesar datos e enviar mensaxes a outros obxectos de xeito similar a un servizo.

No mundo da programación orientada a obxectos (POO), un obxecto é o resultado da instanciación dunha clase.

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya