Operación E

Operación E
Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema dramático Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aMiguel Courtois Editar o valor en Wikidata
GuionistaAntonio Onetti Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónCristina Zumárraga Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enColombia Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeFrancia, Colombia e España Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 58 minutos Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
RedesIMDB: tt1845846 Filmaffinity: 204662 Allocine: 208620 Rottentomatoes: m/operacion_e Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Operación E é un filme franco-galego dirixido por Miguel Courtois Paternina que se estreou no 2012. É unha produción de ZircoZine, Tormenta Films e A.J.Ou.Z. Films (Francia), co apoio de TVE e Canal + Francia e a distribución de DeAPlaneta en España e a nivel internacional e de EuropaCorp en Francia. É a primeira produción internacional da produtora galega independente ZircoZine, e foi rodada en Colombia. Está protagonizado por Luís Tosar, que interpreta o campesiño colombiano José Crisanto e Martina García no papel de Liliana, a súa muller.

A historia do filme está baseada en feitos reais, na operación humanitaria coñecida como Operación Emmanuel (2007-2008), que consistiu no rescate de Clara Rojas, o seu fillo Emmanuel, que naceu en cativerio, e Consuelo González de Perdomo, os cales permaneceron máis de seis anos en poder das FARC nas selvas colombianas.

Sinopse

Unha muller secuestrada polas FARC dá a luz un neno no medio da selva colombiana. No momento do parto, a guerrilla arrebátalle o bebé á súa nai e entrégallo a Crisanto, un modesto agricultor que sobrevive na xungla coa súa muller, os seus cinco fillos e o seu sogro, un curandeiro indíxena. Crisanto deberá facerse cargo do neno baixo ameaza de morte, pero o pequeno está gravemente enfermo. Toda a familia trata de salvarlle a vida, que é tamén a súa. A súa loita sen descanso levaralles río abaixo sorteando toda clase de adversidades, descoñecendo que se esconde tras o interese da guerrilla polo pequeno.

Personaxes

Galardóns e nomeamentos

Ano Categoría Receptor Resultado
2012 Mellor actor Luís Tosar Gañador

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya