Optical Calibration Sphere
Optical Calibration Sphere, tamén coñecido como Optical Calibration Sphere Experiment e polo seu acrónimo OCSE, así como por IOSS (Inflatable Optical Sphere System) foi un satélite artificial dos estadounidense lanzado o 27 de xaneiro de 2000 mediante un foguete Minotaur 1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea. O seu obxectivo principal foi servir de obxectivo de calibración para os láseres en terra das instalacións de investigación Starfire da Forza Aérea dos Estados Unidos.[1][3] CaracterísticasOCSE consistía nunha esfera inflable de 3,5 m de diámetro desplegada a partir dun contedor de 0,48 m de longo e 0,41 m de diámetro que foi exectado desde a plataforma JAWSAT. Aos 42 segundos tras a exección dende JAWSAT, o contedor abriu a súa tapa, e 10 segundos máis tarde comezou o inflado da esfera, á que permaneceu acoplada durante o resto da misión. O conxunto tiña unha masa de 22 kg e a esfera estaba formada por unha película de kapton e aluminio reflectante que facía que, desde terra, a súa magnitude aparente fose de +5.[1][3][4][5] OCSE reentrou na atmosfera o 5 de marzo de 2001, algo máis dun ano despois de ser lanzada.[1][2][3][6] Notas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia