Paradigma de programaciónPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Paradigma.
Un paradigma de programación representa un enfoque particular ou filosofía para a construción do software. Non é mellor un que outro senón que cada un ten vantaxes e desvantaxes. Tamén hai situacións onde un paradigma resulta máis apropiado que outro. Algúns exemplos de paradigmas de programación:
A representación orientada a obxectos mellora a estrutura dos datos e, polo tanto, aplicouse a diferentes paradigmas como redes de Petri, imperativo secuencial, lóxica de predicados, funcional etc. Porén, a manipulación non queda fundamentalmente afectada e, polo tanto, o paradigma inicial tampouco, a pesar de ser reorientado a obxectos. Aínda que pode seleccionarse a forma pura destes paradigmas no momento de programar, na práctica é habitual que se mesturen, dando lugar á programación multiparadigma. Actualmente o paradigma de programación máis usado debido a múltiples vantaxes respecto aos seus anteriores é a programación orientada a obxectos. Véxase taménOutros artigos
|
Portal di Ensiklopedia Dunia