Programa Eutanasia T-4O programa Eutanasia T-4 ou Tiergartenstrasse 4 foi o nome que recibiu o programa euxenésico posto en marcha polas autoridades da Alemaña nazi para forzar a realización de esterilizacións e a aplicación da eutanasia ós alemáns que sufrían defectos de nacenza. Estímase nunhas 200.000 persoas as que morreron por causa deste programa. CaracterísticasO programa foi establecido por orde de Adolf Hitler, funcionou baixo autoridade do xefe da chancelería Philip Bouhler e o doutor Karl Brandt e dirixírono Werner Heyde e Paul Nitsche. O nome T-4 derivou do enderezo postal das oficinas do programa en Berlín. O propósito do programa consistía en baixar os custos en asistencia matando sistematicamente e institucionalmente á vez que se preservaba a calidade xenética da poboación alemá esterilizando a xente con deformidades físicas, discapacidades ou enfermidades mentais. Os nenos que estaban nestas situacións víronse separados das súas familias e levados a hospitais especiais. O programa ampliouse máis adiante para incluír adultos, aínda que a maioría dos adultos con problemas estaban xa obrigado á esterilización como resultado da lei para a prevención de enfermidades hereditarias. |
Portal di Ensiklopedia Dunia