Programa Surveyor![]() O programa Surveyor foi un programa de sondas automáticas da NASA para explorar a Lúa antes da chegada do primeiro humano á súa superficie. As sondas aterrarían na superficie lunar e estudiaríana con diferentes instrumentos, sacando imaxes e obtendo datos das características do solo lunar. O programa tivo lugar entre 1966 e 1968, conseguindo facer chegar á Lúa con éxito cinco das sete sondas lanzadas. As catro primeiras sondas foron lanzadas mediante foguetes Atlas LV-3C Centaur D, mentres que as tres últimas o foron mediante foguetes Atlas SLV-3C Centaur D.[1][2] CaracterísticasAs sondas Surveyor tiñan unha masa de aproximadamente 1000 kg no lanzamento, unha altura de 3,3 m e un diámetro de 4,5 m. Tiñan forma de trípode sobre o que se montaban os instrumentos científicos e de enxeñaría. A súa estrutura era de aluminio e a enerxía eléctrica era producida por un panel solar cun total de 3 m2 de superficie, producindo ata 85 W de potencia, e por unha batería non recargable de 24 voltios que en conxunto proporcionaban 4090 W. Cada sonda levaba tamén unha antena plana, dúas omnidireccionais e un altímetro radar. Como motor de freado para diminuír a súa velocidade cerca da Lúa usaba un Star 37 de Thiokol, que era exectado para que a sonda usara os seus motores de hidracina TD-339 para pousarse suavemente na superficie. Os motores de hidracina apagábanse a 3,5 m de altura sobre a superficie para evitar a contaminación do lugar da aterraxe e poder tomar mostras limpas.[1][2] Catro das naves Surveyor aterraron en mares lunares cerca do ecuador por ser sitios considerados de interese para o programa Apollo. Surveyor 7 foi enviado cerca do cráter Tycho polo seu interese científico. As sondas serviron tamén para obter información científica e tecnolóxica de cara ao envío de humanos á Lúa. Os obxectivos principais do programa Surveyor foron:[1][2]
MisiónsSurveyor 1Foi lanzada o 30 de maio de 1966 e aterrou no Oceanus Procellarum o 2 de xuño. Transmitiu 11 237 fotos da superficie e vídeo. A sonda transmitiu datos de enxeñaría ata o 7 de xaneiro de 1967.[1][2] Surveyor 2Lanzada o 20 de setembro de 1966, comezou a xirar sobre si mesma durante a etapa de cruceiro ata a Lúa despois do fallo dun dos foguetes durante un acendido de corrección de traxectoria. O control de terra non conseguiu recuperar o control, perdéndose o contacto coa sonda o 22 de setembro ás 9:35 UTC. A nave impactou preto do cráter Copernicus ás 3:18 UTC do 23 de setembro, aínda que o seu obxectivo era tomar terra en Sinus Medii.[1][2] Surveyor 3Surveyor 3 foi lanzada o 17 de abril de 1967, tomando terra o 20 de abril no Oceanus Procellarum. A sonda rebotou na superficie ao aterrar debido a un apagado dos motores demasiado cerca da superficie. Foi a primeira das naves Surveyor en levar un mecanismo de recollida de mostras coa que tamén se fixeron gabias de ata 18 cm de profundidade na superficie. Surveyor 3 transmitiu 6300 fotos e non sobreviviu á noite lunar. A sonda foi visitada pola misión Apollo 12, que colleu algunha das súas pezas para devolvelas á Terra.[1][2] Surveyor 4Foi lanzada o 14 de xullo de 1967 e perdeuse o contacto con ela na fase de descenso, o 17 de xullo, a dous minutos e medio de tocar terra. Especúlase con que o foguete de freado explotou durante o seu acendido.[1][2] ![]() Surveyor 5Engalou o 8 de setembro de 1967 e aterrou no Mare Tranquillitatis o 11 de setembro. A sonda transmitiu datos durante dúas semanas. Levaba a bordo un analizador por dispersión de partículas alfa para estudar a composición da superficie.[1][2] Surveyor 6Chegou á superficie lunar o 10 de novembro de 1967, despois de ser lanzada o 7 de novembro. A sonda era idéntica á Surveyor 5, incluído o analizador de partículas alfa. O motor da sonda foi activado durante 2,5 segundos o 17 de novembro, levantando a sonda 4 m sobre a superficie e volvendo a aterrar nela para seguir funcionando sen problemas no que foi a primeira engalaxe controlada desde a Lúa. Transmitiu 30 027 imaxes á Terra.[1][2] Surveyor 7A última sonda Surveyor foi lanzada o 7 de xaneiro de 1968 e aterrou cerca do cráter Tycho o 10 de xaneiro. Foi a sonda Surveyor con máis equipamento científico, incluíndo filtros polarizadores na cámara de televisión, un recolledor de mostras, imáns en dúas das patas e espellos auxiliares. A sonda deixou de funcionar a finais de febreiro de 1968.[1][2] Historial de lanzamentos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos |
Portal di Ensiklopedia Dunia