Proxecto GNU

Proxecto GNU

Instancia deopen-source project (en) Traducir, grupo de persoas e comunidade Editar o valor en Wikidata
Subclase deGNU/Linux Editar o valor en Wikidata
EpónimoGNU Editar o valor en Wikidata
Parte decomunidade de software livre (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaorganización sen ánimo de lucro Editar o valor en Wikidata
MovementoMovemento polo software de código aberto Editar o valor en Wikidata
CoincidenteFree Software Foundation Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aRichard Stallman Editar o valor en Wikidata
MascotaGNU Editar o valor en Wikidata
AfiliaciónFree Software Foundation Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria de software Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación27 de setembro de 1983 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBgnu.org Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O proxecto GNU é un proxecto informático que ten por finalidade a de desenvolver un sistema operativo completo baseado en UNIX utilizando unicamente software libre. Dito sistema operativo é GNU, e é o que lle dá nome ao proxecto.

Orixe

O 27 de setembro de 1983 Richard Stallman anunciou publicamente o nacemento do proxecto no grupo de noticias net.unix-wizards. Ao anuncio orixinal seguírono outros ensaios escritos por Stallman, coma o Manifesto GNU, que estableceron as súas motivacións para iniciar o proxecto, entre as que destaca «retornar o espírito de cooperación que prevaleceu nos tempos iniciais da comunidade de usuarios de computadoras».

Traxectoria

Para defender legalmente o software do seu sistema operativo, Stallman escribiu para o proxecto GNU unha licenza que asegurase que se recoñecerían non só os dereitos que debe fornecer ao usuario o software libre, senón tamén certas obrigas para asegurar que quen desenvolvese (cambiando ou mellorando) software libre baixo esta licenza tamén utilizase a mesma licenza para o resultado do seu traballo. Dita licenza chamouse GPL.

A continuación, Stallman comezou o desenvolvemento dun compilador de C, GNU C Compiler. Este compilador foi fundamental no desenvolvemento do software libre, posto que unha porcentaxe moi alta deste software está escrito en C.

O proxecto tamén comezou a desenvolver un kernel para o sistema GNU, GNU Hurd, pero na actualidade este kernel aínda non é funcional.

O proxecto seguiu e segue desenvolvendo aplicacións libres para o sistema operativo GNU.

Aplicacións desenvolvidas polo proxecto

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya