Python
Python é unha linguaxe de programación creada por Guido van Rossum no ano 1990.[2] É comparado habitualmente con TCL, Perl, Scheme, Java e Ruby. Na actualidade Python desenvólvese como un proxecto de código aberto, administrado pola Python Software Foundation. A última versión estable da linguaxe é a 3.6.5. Historia e característicasPython é considerado como "a oposición leal" a Perl, linguaxe co cal mantén unha rivalidade amigable. Os usuarios de Python consideran a este moito máis limpo e elegante para programar. Python permite dividir o programa en módulos reutilizables desde outros programas Python. Vén cunha gran colección de módulos estándar que se poden utilizar como base dos programas (ou como exemplos para empezar a aprender Python). Tamén hai módulos incluídos que proporcionan E/S de ficheiros, chamadas ao sistema, sockets e ata interfaces a GUI (interface gráfica co usuario) como Tk, GTK, Qt entre outros... Python é unha linguaxe interpretada, o que aforra un tempo considerable no desenvolvemento do programa, pois non é necesario compilar nin enlazar. O intérprete pódese utilizar de modo interactivo, o que facilita experimentar con características da linguaxe, escribir programas desechables ou probar funcións durante o desenvolvemento do programa. Tamén é unha calculadora moi útil. O nome da linguaxe provén da afección do seu creador orixinal, Guido van Rossum, polos humoristas británicos Monty Python [3]. O principal obxectivo que persegue esta linguaxe é a facilidade, tanto de lectura, como de deseño. ![]() Python é unha Linguaxe de programación orientada a obxectos e interpretada. ParadigmasPython é unha linguaxe de programación multiparadigma. Isto significa que máis que forzar aos programadores a adoptar un estilo particular de programación, permite varios estilos:Programación orientada a obxectos, programación estruturada, programación funcional e programación orientada a aspectos. Outros moitos paradigmas máis están soportados mediante o uso de extensións. Python usa tipado dinámico de datos e reference counting para o manexo de memoria. Unha característica importante de Python é a resolución dinámica de nomes, o que enlaza un método e un nome de variable durante a execución do programa. Outro obxectivo do deseño da linguaxe era a facilidade de extensión. Novos módulos pódense escribir facilmente en C ou C++. Python pode utilizarse como unha linguaxe de extensión para módulos e aplicacións que necesitan dunha interface programable. Aínda que o deseño de Python é dalgún xeito hostil á programación funcional tradicional do Lisp, existen bastantes analoxías entre Python e as linguaxes minimalistas da familia do Lisp como pode ser Scheme. Linguaxe interpretadaUnha das súas características fundamentais é ser unha linguaxe interpretada (igual que TCL, perl etc), que pode ser executada en calquera sistema operativo, con tal de que este teña un intérprete desta linguaxe. Polo tanto, non se compila, senón un script interpretado pola máquina. Filosofía da linguaxeOs usuarios de Python refírense a miúdo á Filosofía Python que é bastante análoga á filosofía de Unix. O código que segue os principios de Python de lexibilidade e transparencia dise que é "pythonico". Contrariamente, o código opaco ou ofuscado é bautizado como "non pythonico" ("unpythonic" en inglés). Estes principios foron famosamente descritos polo desenvolvedor de Python Tim Peters en O Zen de Python: Bonito é mellor que feo. Elementos da linguaxePython foi deseñado para ser lido con facilidade. Entre outras cousas utilízanse palabras en inglés onde outras linguaxes utilizarían símbolos (por exemplo, os operadores lóxicos No canto de delimitar os bloques de código mediante o uso de chaves (
ComentariosOs comentarios inícianse co símbolo VariablesAs variables escríbense de forma dinámica. O signo igual ( x = 1
x = 'texto' # isto é posible porque as variables son dinámicamente tipadas
Tipos de datosOs tipos de datos pódense resumir nesta táboa:
Tuplas e Listas
>>> lista = ['aaa', 1, 90]
>>> lista[-1]
90
>>> lista[0] = 'aaa'
>>> lista[0:2]
['aaa', 1]
>>> tupla = (1, 2, 3)
>>> tupla[0] = 2
( xera un erro )
>>> tupla[0]
1
>>> otratupla = (tupla, ('a', 'b')) # é posible aniñar tuplas
DicionariosOs dicionarios decláranse entre chaves ( Neste exemplo, percórrese a estrutura de dicionario, e imprímese o seu contido da forma clave=valor >>> dict = {"dia": 24, "mes": "agosto"}
>>> for k in dict:
... print("%s=%s" % (k, dict[k]))
dia=24
mes=agosto
ConxuntosOs conxuntos decláranse mediante a instrución >>> conj = set(['a','b','a'])
>>> print(conj)
set('a','b')
FunciónsAs funcións defínense coa palabra chave >>> f = lambda x: x+2
>>> f(4)
6
Sistema de obxectosEn Python, todo é un obxecto (ata as clases). As clases, ao ser obxectos, son instancias dunha metaclase. Python ademais soporta herdanza múltiple e polimorfismo. Biblioteca estándar![]() Python ten unha gran librería estándar, usada para unha diversidade de tarefas. Isto vén da filosofía "baterías incluídas" ("batteries included") para módulos de Python. Os módulos da biblioteca estándar poden ser mellorados por módulos personalizados escritos tanto en C ou en Python. Debido á gran variedade de ferramentas incluídas na biblioteca estándar combinada coa habilidade de usar linguaxes de baixo nivel como C e C++, os cales son capaces de interactuar con outras bibliotecas, Python é unha linguaxe que combina a súa clara sintaxe co inmenso poder de linguaxes menos elegantes. Manexo de excepciónsPython soporta e usa intensamente o manexo de excepcións en execución (incluso é posible tratar a excepción de "erro sintáctico"). Postas en funcionamentoPython posúe diversas postas en funcionamento:
LicenzasPython posúe unha licenza de código aberto, denominada Python Software Foundation License, que é compatible coa licenza GPL. Esta licenza non obriga a liberar o código fonte ao distribuír os arquivos binarios.[7] UtilizaciónDebido á súa potencia, a ser orientado a obxectos, así como á gran cantidade de librarías que trae incluídas (como por exemplo librarías gráficas), é unha linguaxe multi-propósito, tanto para scripting como para aplicacións máis serias. A modo de exemplo, Google usa Python para multitude de tarefas, incluíndo os backends de aplicacions web tales como Gmail. Fundamentalmente, debido á capacidade de orientación a obxectos, ten unha vantaxe considerable fronte a linguaxes de propósito similar, tal como TCL. Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas |
Portal di Ensiklopedia Dunia