Pythonidae

Pitón real

Os pitóns[1] ou pythonidae son unha familia de serpes constritoras. O xénero Python foi descrito por Daudin en 1803. Os pitóns pódense distinguir das boas en que teñen dentes no premaxilar, un pequeno óso na parte frontal da mandíbula superior. A maioría das boas dan a luz crías vivas, mentres que os pitóns poñen ovos. Algunhas especies de boas de area (subfamila Ericinae) coñécense erroneamente como pitóns.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pitón.
Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya