Recep Tayyip Erdoğan
Recep Tayyip Erdoğan, nado en Beyoğlu (Istambul) o 26 de febreiro de 1954, é un político turco, actual Presidente de Turquía. Anteriormente ocupou os cargos de Primeiro Ministro (de 2003 a 2014) e alcalde de Istambul (de 1994 a 1998). É o líder e fundador do Partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP). TraxectoriaNaceu nunha familia descendente de inmigrantes xeorxianos orixinarios de Batum.[1] Con trece anos a súa familia mudouse desde Rize, pequena poboación na beira do mar Negro, a Istambul, onde anos despois estudou Política e Economía mentres traballaba de empregado nunha empresa de transporte e coma comerciante independente. PolíticaA mediados da década de 1970 adheriuse á organización de mozos do partido islamista (MSP).[2] A súa carreira política viuse interrompida polo golpe militar de 1980 e a consecuente proscripción do seu partido, pero en 1983, retornou á actividade política dentro do Partido da Prosperidade (Refah Partisi) do antigo portavoz do MSP, Necmettin Erbakan. Trala vitoria electoral do Refah Partisi nas eleccións municipais de Istambul, intentou dirixir a cidade por medio de parámetros islámicos, introducindo medidas como reservar lugares á parte para homes e mulleres no transporte público e as escolas. En 1998 foi condenado a prisión tras recitar publicamente un poema de Ziya Gökalp ("as mesquitas son os nosos cuarteis, as cúpulas os nosos cascos, os minaretes as nosas baionetas e os crentes os nosos soldados"). En outono de 1998 Erdogan retirouse do partido vertu (FP)-sucesor do Refah Partisi - e pronunciouse a favor da separación entre a igrexa e o estado. En 2001 fundou o Partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP), tomando para si a presidencia. O AKP resultou vencedor das eleccións parlamentarias de 2002, pero Erdogan debeu esperar varios meses antes de poder tomar posesión no cargo de Primeiro Ministro, debido ao antecedente carcelario. Notas
Véxase tamén
Outros artigos |
Portal di Ensiklopedia Dunia