Resident Evil Outbreak: File 2

Resident Evil Outbreak: File 2
Tipovideoxogo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo de acción e aventura Editar o valor en Wikidata
FranquíaResident Evil Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo multixogador, videoxogo para un xogador e modo cooperativo Editar o valor en Wikidata
Autoría
Compositor/aTetsuya Shibata Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorCapcom Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiouniverso de Resident Evil Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeXapón Editar o valor en Wikidata
EditorialCapcom Editar o valor en Wikidata
PlataformaPlayStation 2 Editar o valor en Wikidata
Parte da serieResident Evil Editar o valor en Wikidata
Clasificación
Clasificación PEGI
CERO
Contacto
Páxina WEBcapcom.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0472614 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Resident Evil Outbreak: File 2 é un videoxogo online pertencente á serie Resident Evil. Foi lanzado no ano 2004 por Capcom para Playstation 2. O xogo contén unha serie de escenarios da cidade ficticia Racoon City que deben ser atravesados para fuxir, xa que esta poboación norteamericana sofre un gromo do virus T, un patóxeno que revive os corpos transformándoos en zombis ou diversos monstros.

Escenarios

Wild things

Un grupo de cidadáns tenta refuxiarse no zoolóxico de Racoon. Así e todo, estas instalacións tamén se ven afectadas pola epidemia e ademais de zombis, o virus infectou diversos animais, incluíndo un elefante e un león.

Underbelly

Outro punto de saída é o metro, onde hai un tren parado que pode ser empregado para saír atravesando a rede de túnel. No subterráneo hai estacións, vías e varias salas de mantemento. O grupo trata de reactivar a rede eléctrica para poder mover o tren. Non obstante, no metro tamén hai zombis e criaturas infectadas. Tamén é posible fuxir a través do sistema de ventilación.

Flashback

Nos arredores de Racoon existe un bosque e unha zona montañosa na que se orixinou o gromo. Nesta zona o único refuxio é un hospital abandonado, no que tamén hai zombis e unha serie de plantas mutadas. Unha delas creceu extraordinariamente e invadiu salas enteiras do edificio.

Desperate times

A policía de Racoon sufriu enormes baixas combatendo contra os infectados pero un grupo deles puido refuxiarse na comisaría. Idearon un plan para escapar e levar con eles a todos os cidadáns que poidan. O grupo acha aquí a Marvin, personaxe que debutara en Resident Evil 2.

End of the road

Este escenario pertence ás instalacións subterráneas de Umbrella. Nel atópanse varios científicos da corporación, que tratan de acceder aos viais que conteñen a cura. O escape permíteo un tren subterráneo instalado pola propia Umbrella.

Crítica

Outbreak Fille #2 non acadou boas críticas nas revistas especializadas, obtendo un 58 en Metacritic [1].

Vendas

As vendas foron discretas, dunhas 170.000 unidades no Xapón [2]

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2013. Consultado o 13 de marzo de 2010. 
  2. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=2908
Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya