Rust in Peace
Rust in Peace é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de thrash metal Megadeth, publicado o 24 de setembro de 1990 a través do selo Capitol Records.[1] Foi o primeiro álbum do grupo que contou co guitarrista Marty Friedman e o batería Nick Menza. As cancións "Hangar 18" e "Holy Wars... The Punishment Due" foron lanzadas como sinxelos. En 2004 lanzouse unha versión remesturada e remasterizada do álbum con catro cancións extra. Desde o seu lanzamento, Rust in Peace foi nomeado a miúdo como un dos mellores discos de thrash metal de todos os tempos por publicacións como Decibel e Kerrang!, e aparece no libro de referencia 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[2] O álbum foi nomeado ao Grammy á mellor interpretación de metal na 33ª edición dos premios. No Foundations Forum de 1991, o álbum recibiu un premio Concrete Foundations por "Top Radio Album" e o sinxelo "Hangar 18" gañou o premio "Top Radio Cut".[3] Listaxe de canciónsTodos os temas compostos por Dave Mustaine, agás onde se indique.
Notas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia