Subespazo vectorialEn matemáticas, e máis concretamente en álxebra linear, un subespazo linear ou subespazo vectorial [1] é un espazo vectorial que é un subconxunto dalgún espazo vectorial maior. Un subespazo linear adoita chamarse simplemente subespazo cando o contexto serve para distinguilo doutros tipos de subespazos. DefiniciónSe V é un espazo vectorial sobre un corpo K, un subconxunto W de V é un subespazo vectorial de V se é un espazo vectorial sobre K coas operacións de V. De forma equivalente, un subespazo vectorial de V é un subconxunto W non baleiro tal que, sempre que w1, w2 son elementos de W e α, β son elementos de K, temos que αw1 + βw2 está en W. [2] [3] [4] [5] [6] O conxunto unitario formado só polo vector cero e o propio espazo vectorial son subespazos vectoriais que se denominan subespazos triviais do espazo vectorial.[7] ExemplosExemplo INo espazo vectorial V = R3 (o espazo de coordenadas reais en 3 dimensións sobre o corpo R de números reais), tomamos W como o conxunto de todos os vectores de V cuxa última compoñente é 0. Entón W é un subespazo de V. Proba:
Exemplo IISexa de novo o corpo R, mais agora sexa o espazo vectorial V o plano cartesiano R2. Considere W como o conxunto de puntos (x, y) de R 2 tal que x = y. Entón W é un subespazo de R2. Exemplo IIIDe novo tome o corpo R, mais agora sexa o espazo vectorial V o conxunto RR de todas as funcións de R en R. Sexa C(R) o subconxunto formado polas funcións continuas. Entón C(R) é un subespazo de RR. Proba:
Exemplo IVManteña o mesmo corpo e espazo vectorial que antes,mais agora considere o conxunto Diff(R) de todas as funcións diferenciábeis. O mesmo tipo de argumento que antes mostra que este tamén é un subespazo vectorial. Propiedades dos subespazosDa definición de espazos vectoriais, despréndese que os subespazos non están baleiros e están pechados baixo as sumas e baixo a multiplicación escalar.[8] Isto é equivalente a dicir que os subespazos poden caracterizarse pola propiedade de estaren pechados baixo combinacións lineares. É dicir, un conxunto non baleiro W é un subespazo vectorial se e só se toda combinación linear de elementos finitos de W tamén pertence a W. Nun espazo vectorial topolóxico X, un subespazo W non necesita estar pechado topoloxicamente, mais un subespazo de dimensión finita sempre está pechado. [9] Tipos frecuentes de subespazosAlgúns tipos frecuentes de subespazos inclúen o conxunto solución dun sistema homoxéneo de ecuacións lineares, o subconxunto do espazo euclidiano descrito por un sistema de ecuacións paramétricas homoxéneas lineares, o subespazo vectorial xerado por unha colección de vectores, o espazo nulo ou kernel, e tamén os espazos de columnas e os espazos de filas dunha matriz (combinacións lineares das columnas ou filas da matriz). Xeometricamente (especialmente sobre o corpo de números reais e os seus subcorpos), un subespazo é un hiperplano nun n-espazo que pasa pola orixe. Independencia, base e dimensión![]() En xeral, un subespazo de Kn determinado por k parámetros (ou estendido por k vectores) ten dimensión k. No entante, hai excepcións a esta regra. Por exemplo, o subespazo de K3 estendido polos tres vectores (1,0,0), (0,0,1), e (2,0,3) é só o plano xz, con cada punto do plano descrito por infinitos valores diferentes de t1, t2, t3. En xeral, os vectores v1, ... , vk chámanse linearmente independentes se para (t1 ,t2 ,...,t k )≠ (u1,u 2 ,...,uk ). Isto pódese expresar tamén como: os vectores v1, ..., vk son linearmente independentes se
Se v1, ..., vk v1, ..., vk son linearmente independentes, entón as coordenadas t1, ..., tk para un vector xerado están determinadas de forma única. Unha base para un subespazo S é un conxunto de vectores linearmente independentes cuxa combinación linear (ou extensión) é S. O número de elementos nunha base é sempre igual á dimensión xeométrica do subespazo.
Operacións e relacións con subespazosIntersección![]() Dados os subespazos U e W dun espazo vectorial V, entón a súa intersección U ∩ W := { v ∈ V : v é un elemento tanto de U como W } tamén é un subespazo de V.[10] SumaSe U e W son subespazos, a súa suma é o subespazo [11] Por exemplo, a suma de dúas rectas é o plano que as contén. A dimensión da suma satisfai a desigualdade Aquí, o mínimo só ocorre se un subespazo está contido no outro, mentres que o máximo é o caso máis xeral. A dimensión da intersección e a suma están relacionadas coa seguinte ecuación: [12] Un conxunto de subespazos é independente cando a única intersección entre calquera par de subespazos é o subespazo trivial. A suma directa é a suma de subespazos independentes, escritos como . Unha reformulación equivalente é que unha suma directa é unha suma de subespazos baixo a condición de que cada subespazo contribúa na extenxión da suma. [13] [14] [15] [16] Notas
Véxase taménBibliografía
Outros artigosLigazóns externas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia