Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle, traducido como Autocontrol no Software de Entretemento e abreviado comunmente como USK, é unha organización de clasificación de videoxogos en Alemaña.
Logotipo
O logotipo oficial de USK é un cadrado volteado de fondo amarelo e bordo branco, con 2 siluetas xuntas de cor negra no centro e unha banda gris coas letras USK nela. Tamén existen outros logotipos semellantes, diferenciados principalmente pola cor do fondo e o número que neles se indica, os cales cualifican o software segundo o seu contido e a idade dos usuarios a quen van destinados.
Clasificación konmafkntk
O software pode recibir unha das seguintes clasificacións:
Logotipo
|
Clasificación USK
|
Descrición das clasificacións
|
|
Freigegeben ohne Altersbeschränkung gemäß § 14 JuSchG (Sen restricións de idade)
|
Non hai restricións de idade sobre a venda do xogo. Porén, a idoneidade para os nenos só se refire á violencia ou contenido sexual; a dificultade e complexidade do xogo pode ser aínda inadecuado para os máis pequenos. Esta clasificación pode incluír xogos como Super Mario Bros., The Legend of Zelda: Link's Awakening, Kirby's Dream Land, a saga Gran Turismo e a serie FIFA.
|
|
Freigegeben ab 6 Jahren gemäß § 14 JuSchG (Para maiores de 6 anos)
|
Os xogos con esta clasificación poden ter unha natureza cómica ou abstracta, pode ter un tema escuro o pode ser demasiado complicado para nenos menores de 6 anos. Esta clasificación pode incluír xogos como Point Blank, Kirby Star Allies, Rocket League, Super Mario Galaxy e Lego Star Wars II: The Original Trilogy.
|
|
Freigegeben ab 12 Jahren gemäß § 14 JuSchG (Para maiores de 12 anos)
|
Os xogos con esta clasificación poden enfocarse en guerras ou loita de personaxes. A loita sitúase nun contexto histórico ou de ciencia ficción e a violencia mantense nun mínimo. Esta clasificación pode incluír xogos como Fortnite, Dragon Ball FighterZ, Midnight Club: Los Angeles, The Legend of Zelda: Breath of the Wild, Metroid Prime e Super Smash Bros. Brawl.
|
|
Freigegeben ab 16 Jahren gemäß § 14 JuSchG (Para maiores de 16 anos)
|
Os xogos de violencia moderada (sen sangue visible) reciben esta clasificación, podendo abranguer diversos temas de adultos. Esta clasificación pode incluír xogos como Tom Clancy's Splinter Cell: Double Agent, Anthem, Star Wars: Battlefront II, Diablo, Resident Evil: Revelations e Battlefield 1 (2016)
|
|
Keine Jugendfreigabe gemäß § 14 JuSchG (Para maiores de 18 anos)
|
Estes xogos poden conter escenas máis violentas con sangue incluído, podendo glorificar as guerras ou a violación dos dereitos humanos. Esta clasificación pode incluír xogos como Happy Wheels, Warframe, Hitman: Blood Money, Resident Evil (Versión DS), Call of Duty: WWII, Grand Theft Auto V, Payday 2 e Payday: The Heist.
|
|
Einstufung ausstehend (Clasificación pendente)
|
É usado antes do lanzamento dun videoxogo para definir a clasificación deste.
|
A cualificación para determinados xogos pode referirse ás clasificacións mencionadas, no que algúns elementos do xogo poden ser cambiados a fin de lograr unha clasificación para usuarios máis novos ou para garantir que o xogo poida ser vendido. Por exemplo, a versión alemá de Grand Theft Auto, a partir da terceira entrega, foi editada cortando algunhas das súas características, tendo menos armas, non soltando diñeiro os civís unha vez mortos e desapareceron algunhas misións, podendo ser clasificada entón como "USK 16"; mentres que por outro banda, a versión estadounidense non foi editada e, polo tanto, só poden ser vendidos a adultos. Porén, Grand Theft Auto 4 non foi editado e recibiu unha cualificación de "USK 18".
Esta é unha práctica moi común, especialmente nos xogos que adoitan recibir unha cualificación "USK 18". Un problema potencial desta "autocensura" é que pode perderse o ambiente orixinal dun xogo. Nalgúns casos, houbbo que mudar a sinopse dalgúns xogos para poder optar por unha cualificación USK máis ampla.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas