Wikipedia en zulú
A Wikipedia en zulú é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua zulú. Foi creada en novembro de 2003, conseguindo 186 artigos o 13 de maio de 2009, e 766 o 25 de abril de 2016, sendo daquela a edición 247 segundo o número de artigos.[1] Esta versión da enciclopedia contén 11.707 artigos e 23.674 usuarios, dos cales 67 son activos.[2] HistoriaMalia que foi a terceira lingua africana en chegar aos 100 artigos,[3] o seu progreso foi lento, e foi superada por outras linguas africanas. Como a lingua zulú é mutuamente intelixible coa lingua xhosa, xa que ambas son linguas nguni, é posible que os artigos na edición en xhosa sexan facilmente traducidos ao zulú. En xaneiro de 2012, a Wikipedia en zulú foi proposta para o seu peche. A proposta foi rexeitada en marzo de 2012.[4] Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia