Work Breakdown StructureEn Xestión de proxectos, unha Estrutura de Repartición de Tarefas, en inglés, Work Breakdown Structure (WBS) é unha ferramenta de descomposición do traballo do proxecto en partes manexábeis. Consiste nunha estrutura en árbore exhaustiva, xerarquía (de máis xeral para máis específica) de entregábeis (deliverables) e tarefas que precisan ser feitas para completar un proxecto. O obxectivo dunha WBS é identificar os elementos terminais (os ítems reais a facer nun proxecto). Así, a WBS serve como base para a maior parte da planificación de proxecto. A WBS é unha ferramenta moi común, e non se crea só para o xerente do proxecto ou a oficina do proxecto, senón para todo o equipo de execución do proxecto. Como construír unha WBSA WBS debe ser suficientemente completa, organizada e pequena para que o progreso poida ser medido, mais non tan detallada como para se tornar, ela mesma, un obstáculo para a realización do proxecto. Unha boa heurística a seguir é a regra do 8-80: esíxese que un paquete de traballo ocupe entre 8 e 80 horas de duración. É unha das partes máis importantes no plano do proxecto. Serve como entrada para o desenvolvemento da axenda, atribuír funcións e responsabilidades, xestionar riscos, entre outros. A continuación indícase un exemplo simple (orientado a actividades) de WBS para definir un proxecto de pintar unha sala:
O tamaño da WBS non debe exceder 100-200 elementos terminais (se se requiren máis elementos terminais, use subproxectos). A WBS debe ter de 3 a 4 niveis de profundidade. Esas suxestións derivan dos seguintes feitos:
Principios para o proxecto dunha WBSA regra dos 100%Un dos máis importantes principios para o proxecto dunha WBS coñécese como a regra dos 100%. O Practice Standard for Work Breakdown Structures (Second Edition), publicado polo Project Management Institute (PMI) define a regra 100% da forma como se segue:
Planee entregas, non acciónsSe o proxectista da WBS tenta a capturar calquera detalle orientado a acción na WBS, el ira incluír ou accións de máis ou de menos. Accións demais ira exceder 100% do ámbito do pai e accións de menos caerá por baixo dos 100% do ámbito do pai. A mellor forma de se adherir á Regra do 100% é definir os elementos da WBS en termos das entregas ou resultados. Isto tamén asegura que a WBS non exaxere na visión dos métodos, permitindo ideas máis creativas e innovadoras por parte dos participantes do proxecto. Para proxectos de desenvolvemento de novos produtos, a técnica máis común para asegurar a orientación á saída da WBS é o uso dunha estrutura de descomposición do produto. Cando un proxecto utilice servizos subcontratados, unha técnica común é capturar todos as entregas planificadas para criar unha WBS orientada a entrega. As WBS que subdividan o traballo en fases do proxecto (por exemplo: Fase Proxecto Preliminar, Fase proxecto Crítico) deben asegurar que as fases sexan claramente separadas para unha entrega (por exemplo: un documento de revisión de proxecto preliminar, ou un documento aprobación da revisión proxecto crítico) Nivel de detalle (granularidade) e elaboración progresivaUnha cuestión importante no proxecto para calquera WBS é cando se para de descompoñer en elementos menores. Se os elementos finais da WBS se definen de forma moi abranxente, non debe ser posíbel rastrear eficientemente a performance do proxecto. Se os elementos finais da WBS son moi detallados, será ineficiente manter un rastro dun número exaxerado de elementos terminais, especialmente se o plano de traballo é para un futuro distante. Un medio termo satisfactorio pode atoparse no concepto de elaboración progresiva o cal permite que os detalles da WBS sexa progresivamente refinado antes traballo iniciarse. Unha forma de elaboración progresiva en grandes proxectos chámase planificación de ondas xirantes o cal estabelece unha planificación de tempo regular para elaboración progresiva. Na realidade, un límite efectivo da granularidade da WBS pode alcanzarse cando non é maior do que é posíbel para xerar saídas planificábeis, e os únicos detalles remanentes son as accións. A non ser que estas accións poidan se definidas para cumprir a regra dos 100%, a WBS non pode ser máis subdividida. Esquema codificación WBSÉ común que os elementos WBS sexan numerados secuencialmente para revelar a estrutura xerárquica. Un esquema de codificación tamén axuda a que os elementos WBS sexan recoñecidos en calquera contexto escrito. Véxase taménBibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia