Atacama Large Millimeter Array
![]() Ó Atacama Large Millimeter/submillimeter Array (ALMA, Gran Matriz Milimétrica/submilimétrica de Atacama) é un interferómetro astronómico de 66 radiotelescopios no Deserto de Atacama no norte de Chile, que observa radiación electromagnética en lonxitudes de onda milimétricas e submilimétricas. A matriz foi construída na planicie Chajnantor, de 5000 m de altura - preto do Observatorio Llano de Chajnantor e o experimento Atacama Pathfinder. O lugar foi escollido pola a súa altura e pouca humidade, factores cruciais para reducir ruído e diminuír a atenuación de sinal deida á atmosfera da Terra.[1] ALMA espera dar claves do nacemento de estrelas durante a primeira xeración estelare e unha imaxe detallada de formación das estrelas e planetas. A colocación das antenas sofre cambios continuos, segundo a observación prevista, ata desprazarse por unha área de 16 km², sendo transportadas por dous camións xigantes, Otto e Lore, adaptados a tal fin.[2] Os traballos desenvólvense en Santiago de Chile, Atacama e as instalacións de Chajnandor. Participa na obtención da primeira fotografía dun Burato Negro, en 2019.[3] A recolección de datos aproxímase a 1 Tb cada noite.[4] Notas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia