Monty Python's Flying Circus
Monty Python’s Flying Circus foi unha serie de humor británica creada polo grupo de cómicos Monty Python e transmitida pola BBC entre 1969 e 1974. O programa caracterizábase polo seu humor absurdo e insinuante, sen unha liña continua de principio, medio e fin. Tamén formaba parte da serie a inserción de animación elaboradas polo seu membro Terry Gilliam, habitualmente ligada, ou integrada, con acción real. O primeiro episodio gravouse o 7 de setembro e transmitiuse o 5 de outubro de 1969 na BBC One, sendo realizados 45 episodios ao longo do período que estivo en transmisión, máis dous episodios para a televisión alemá. A serie tiña habitualmente como tema central as idiosincrasias da vida británica, en particular a dos profesionais, con gran carga política. Os membros dos Monty Python tiñan educación superior. Terry Jones e Michael Palin eran licenciados pola Universidade de Oxford; Eric Idle, John Cleese e Graham Chapman estudaron na Universidade de Cambridge; e Gilliam era licenciado polo Occidental College. O seu tipo de comedia é frecuentemente descrito como intelectual, con numerosas referencias eruditas a filósofos e figuras literarias. A serie buscou a influencia no traballo de Spike Milligan no seu programa Q5, en vez de na comedia tradicional. O equipo pretendía que o seu humor fose imposíbel de caracterizar, o que conseguiron (a pesar de fallaren, segundo a súa perspectiva) de tal xeito que se inventou o adxectivo "Pythonesque" para definir o seu humor e, posteriormente estilos similares. ![]() Os Python interpretaban todas as personaxes incluídas a maioría das femininas, mais, ocasionalmente, contrataban algún actor extra. Destes, salientaron Carol Cleveland (referida polo equipo como "o sétimo Python" de forma non oficial), Connie Booth (primeira esposa de Cleese), o produtor da serie Ian MacNaughton, Ian Davidson, Neil Innes (na cuarta temporada) e Fred Tomlinson e os Fred Tomlinson Singers (para escenas musicais).[1][2] O tema musical principal da serie foi a primeira parte de The Liberty Bell do compositor norteamericano John Philip Sousa, interpretado pola Band of the Grenadier Guards, que foi escollida porque estaba no dominio público e polo tanto non tiña custo pola súa utilización. Personaxes recorrentesOs capítulos da serie non seguían unha historia lineal e coherente, senón que simplemente estaban compostos por sketches. A pesar diso, había varias personaxes recorrentes:
Premios e distincións
Nunha listaxe do British Film Institute para determinar as mellores series de televisión británicas da historia elaborada por profesionais da industria, Monty Python's Flying Circus foi situado en quinto lugar. Na listaxe dos mellores sketches británcios do Channel 4 apareceron cinco de Monty Python:[3]
A serie quedou no quinto lugar da listaxe da TV BFI 100, elaborada polo British Film Institute en 2000, e votada por profesionais do sector. A revista Time incluína na súa listaxe de 2007 dos 100 mellores programas de televisión da historia.[4] LegadoA partir da serie, o grupo Monty Python realizou filmes e obras de teatro. Os termos informáticos spam e a linguaxe de programación Python derivan da serie.[5] En 2013, o Reino Unido elaborou un novo exame de cidadanía que incluía numerosas cuestións sobre cultura popular, incluídos os Monty Python.[6] Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia