Pokémon: Let's Go, Pikachu! e Let's Go, Eevee!
Pokémon: Let's Go, Pikachu! (en xaponés: ポケットモンスター Let's Go! ピカチュウ; Poketto Monsutā Let's GO! Pikachū) e Pokémon: Let's Go, Eevee! (en xaponés: ポケットモンスター Let's Go! イーブイ; Poketto Monsutā Let's GO! Ībui) son dous videoxogos de 2018[1] para Nintendo Switch, senllos remakes do videoxogo de rol de 1998 Pokémon Yellow. Foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo Switch.[2] Anunciados en maio de 2018, Let's Go, Pikachu! eLet's Go, Eevee! foron lanzados internacionalmente para Nintendo Switch o 16 de novembro de 2018. Os xogos forman parte da sétima xeración da serie de videoxogos de Pokémon e foron os primeiros en seren estreados para unha consola caseira. Teñen opcións de conectividade co xogo para dispositivo móbil Pokémon Go, e conta cunha opción de controlador chamado Poké Ball Plus. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
Portal di Ensiklopedia Dunia